O Freeling consiste nunhas librarías que proporcionan servizos de análise lingüística. Está deseñado para ser usado como unha libraría externa en calquera aplicación que requira este tipo de servizos. Estas ferramentas están desenvolvidas polo centro de investigación TALP.
Máis información en: http://garraf.epsevg.upc.es/freeling/index.php?option=com_content&task=view&id=12&Itemid=41

A través das instrucións de instalación das persoas mantedoras do Freeling, a configuración no Debian resulta algo complexa. É por iso que facilitamos aquí a descarga tanto dos parches (para aplicar en varias das librarías necesarias para a compilación) como a dos paquetes .deb xa compilados para este sistema.

Este traballo foi desenvolvido por Martín Vázquez Cabanas a quen desde Tagen Ata agradecemos grandemente a súa colaboración.


Descargar


Descargar


Nota: os parches e os .deb foron testados no Debian Sid e Lenny.  Os paquetes oficiais están accesíbeis en https://lafarga.cpl.upc.edu/frs/?group_id=32.
Para a instalación dos paquetes son necesarias ademais as librarías externas libpcre e libdb Berkeley DB (v4.2) (pódense ver or requerimentos do Freeling en http://garraf.epsevg.upc.es/freeling/index.php?option=com_content&task=view&id=14&Itemid=43) .